jueves, 9 de mayo de 2013

Gala Lvcvs Moda 2013 // "aqua dulcis et aqua salis"

Boas tardes!!

Xa case a mediados de maio, como corre o tempo!
Hoxe quero compartir convosco a miña experiencia vivida onte na 4ª edición da GALA LVCVS MODA 2013. Dende un espazo máis que privilexiado, puiden ver as propostas de deseñadores e artesáns da cidade, e como non sacar as fotografías que vos quero amosar. 





miércoles, 13 de marzo de 2013

Auga de río, auga de mar.

Ola de novo!!

Está o tempo complicado e moi revolto, e o caso é, que a primavera está á volta da esquina...Por iso hoxe traiovos un pouco de sol e de relax. Esperemos que o tempo vaia mellorando de cara á semana santa, e poder aproveitala para facer algo.
Imos alá!



viernes, 22 de febrero de 2013

Ideas para reciclar: usando palés :)

Olaaa!!

E deixando as raias e a cultura do rock e a moda do anterior post (aquí), hoxe ímos cambiar de rexistro.
Fai uns días xa, comecei a restaurar unha silla de pino, desas míticas plegables que aparentemente son feas, pero que cun pouco de traballo quedan totalmente diferentes, e nuns días espero poñer o proceso de restauración completo nun post, con fotos por suposto, e cos materiais que utilicei. Pero hoxe, só vos vou dar algunha idea para aqueles que vos animedes coa restauración e a reciclaxe.
Todos sabemos que os palés abundan por doquier, aínda que, teño entendido (e non sei se é certo) que son moi codiciados.... alguén me pode dicir se iso é certo e porque?? xD, en todo caso, se alguén por ahí ten algún e non o utiliza, saiba que lle pode valer para moitas cousas se o restaura un pouco.


miércoles, 20 de febrero de 2013

A cousa vai de raias...

Olaaa!!
Hoxe traiovos un post diferente. Xa hai tempo que me chamou a atención este estampado, e quixen recopilar varias fotos para ver como a xente da rúa o utiliza. A verdade que non é doado de levar...xa que discreto non é, pero ás veces diso se trata non? Este estampado non son exactamente as míticas raias, a novidade deste é, que as raias van en vertical, polo que se ven moi diferentes ás que van en horizontal. Fíxome lembrar un pouco a varias cousas... ao circo, á aqueles pantalóns que usaban os zancudos, á algunha época do rock dos 80, aquel glam rock que compartían grupos como Motley Crüe, Poison, Bon Jovi, Twisted Sister, Cinderella...etc, época dourada do hard rock, glam rock. Curioso, como o pasado volve, en diferentes formas, pero volve.




martes, 15 de enero de 2013

"Luz efémera". Exposición

Olaa de novo!!

O post de hoxe, é algo especial por varios motivos. O primeiro porque se sae do que é habitual no blog, o segundo porque fai referencia a outro post que publiquei aló a comezos de decembro, e como último motivo, porque é algo que me fixo moita ilusión.

Todo comezou ca idea da miña amiga, Naír. Esta muller é un bule-bule de ideas, e aprobeita o seu traballo na pastelería para darlles forma. Ela propúxomo (con todas as comodidades) e como non, eu non fun quen de dicir que non... A idea?? crear unha exposición de fotos miñas. Naír, xa tiña en mente unhas, que resultaron ser das que publiquei no blog como xa vos dixen, e que poderedes lembrar aquí. Pero, como novidade, na exposición poderedes ver outras que non sairon no blog.




miércoles, 9 de enero de 2013

Galopín Argalladas

Olaaa!!

Pois xa remataron as festas.... pero cando nos descoidemos un pouco xa estaremos metidos de cheo no Entroido!!! xa tedes pensado o voso disfraz?? jajaja.

O post de hoxe vai adicado a un pequeno proxecto dunhas rapazas de Narón. Como vedes no título da entrada este proxecto ten un nome, Galopín Argalladas.



domingo, 6 de enero de 2013

Día de Reis

Olaa de novo!!!
como foron pasando estes días de Nadal?? e sobre todo hoxe! como se portaron os Reis Magos???
A xulgar polo que fun vendo no facebook, penso que nada mal!! fostedes tod@s moi bos e boas!! e iso está ben, porque ao final recompensouse :) jajaja.