miércoles, 9 de enero de 2013

Galopín Argalladas

Olaaa!!

Pois xa remataron as festas.... pero cando nos descoidemos un pouco xa estaremos metidos de cheo no Entroido!!! xa tedes pensado o voso disfraz?? jajaja.

O post de hoxe vai adicado a un pequeno proxecto dunhas rapazas de Narón. Como vedes no título da entrada este proxecto ten un nome, Galopín Argalladas.






Que é Galopín Argalladas? Nace coa idea de desenvolver productos de artesanía, reciclaxe e costumización, mediante o deseño de complementos, obxetos de decoración, customización de roupa e calzado, obxetos de fimo, chapas, etc. Cada deseño é único e artesanal, polo que non hai dous iguais.
Ademáis, realizan pedidos totalmente personalizados!! como unhas chulísimas carteiras cómic!!

Se queredes saber que vos pode ofrecer Galopín Argalladas, podedes contactar a través do seu mail argalladas.galopin@gmail.com  ou da súa páxina de facebook aquí.

Eu mentres deixovos aquí algunhas das súas creacións... e dicir tamén que eu vou a colaborar con elas neste espazo coas cousiñas que tamén fago, entón veredes que hai cousas pola páxina que son miñas. :)













abridores, espelliños e chapas.

...e algunhas das miñas cousiñas... :)



Sen máis, xa estamos no ecuador da semana, espero que a rematedes con bo pé!

ata lernos!!


Aburiño!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario