martes, 15 de enero de 2013

"Luz efémera". Exposición

Olaa de novo!!

O post de hoxe, é algo especial por varios motivos. O primeiro porque se sae do que é habitual no blog, o segundo porque fai referencia a outro post que publiquei aló a comezos de decembro, e como último motivo, porque é algo que me fixo moita ilusión.

Todo comezou ca idea da miña amiga, Naír. Esta muller é un bule-bule de ideas, e aprobeita o seu traballo na pastelería para darlles forma. Ela propúxomo (con todas as comodidades) e como non, eu non fun quen de dicir que non... A idea?? crear unha exposición de fotos miñas. Naír, xa tiña en mente unhas, que resultaron ser das que publiquei no blog como xa vos dixen, e que poderedes lembrar aquí. Pero, como novidade, na exposición poderedes ver outras que non sairon no blog.






A idea estaba plantexada, Nair e eu xa o tiñamos todo pensado e máis que pensado, só quedaba comunicarllo á modelo, Tamara. Primeiramente, colleuna un pouco por sorpresa e reacionou....como diría eu que reacionou...creo que pensou que estabamos de broma, pero ahí esquivocouse, nós íamos máis que en serio. Finalmente aceptou, poñendo restricións, peros, comos, noes (está ben dito?), prohibidos, cambios...eu saínme coa miña, e escollín as fotos que máis me dicían, e despois duns días de traballo, a exposición xa está lista!!

Poderedes disfrutar dela a partir do día de hoxe en diante na Pastelería Améndoa de Castro Ribeiras de Lea, a que quero agradecer a oportunidade. A exposición divídese en tres partes, cada unha co seu nome que reflicte a esencia de cada grupo de fotografías, e como sorpresa veredes uns magníficos textos de Naír, que soubo captar moi ben o que din as fotos, e eu, non sei dicir con palabras, por iso dende aquí, moitísimas grazas Naír!!!

E para finalizar, darlle as grazas tamén a Tamara, por permitirnos facer esta loucura, por sen tan boa modelo, e por (a pesar de algún regañadentes) deixarme escoller as fotografías.

Pola miña parte nada máis, só esperar que tod@s aqueles e aquelas que vos pasedes pola pastelería disfrutedes da exposición, e que vos guste.
Deixovos con este tema, que acompaña ben ás fotos :)




bicos mil!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario