lunes, 18 de febrero de 2013

Un disfraz, un cumpreanos e unha tarta de chocolate

ola de novo!!

Despois dun tempo sen actualizar, volvo á carga.




Hoxe fago post-resumo do que foron estes días. O entroido, invadiu estas semanas pasadas cada recuncho, tendas, docerías, rúas, exposicións, desfiles, concursos e dende logo moita festa.
Eu, como non disfraceime, en grupo, e aprobeitando prendas que tiña pola casa e unha pouca de maña, consguín un disfraz de pirata do máis xeitoso. Este ano non había tempo, polo que a imaxinación primou á hora de engalanarse, e o resultado foi o seguinte...





Unhas espadas, uns loros, uns pendentes e a maquillaxe fixeron o resto...
A maquillaxe foi inspirada nas "sugarskull" ou caveiras mexicanas do día dos mortos (que xa comentara aqui en novembro con motivo do samaín en diferentes culturas). O resultado foi esta disfraz de pirata cadaver! :)

E este ano tocáronme os 24 anos... como corre o tempo! e xusto concidiu o luns de entroido, si ese día no que ía nevar tantísimo aos 200m...e o final foi algo decepcionante...o día no que o Papa decidiu "dimitir"...uns chamáronlle "luns negro", pois vaia ánimos para min! o mellor? que tiven uns regalos especiais e peculiares, tamén.


Pero ademáis da peculiaridade dos de arriba, tiven un moi útil, un trípode magnífico para a réflex!! estou desexando usalo xa!

E entre orellas, rosquillas e filloas, ata caeu unha boa tarta de chocolate!!

tarta caseira de 3 chocolates
Ten boa pinta non? pois mellor está se se come!

Así que, para non ser crueis déixovos aquí a receita, bo proveito!!


Ingredintes:


  • 200gr de chocolate branco
  • 200gr de chocolate con leite
  • 200gr de chocholate fondant 
  • 750gr de leite enteiro
  • 750gr de nata 
  • 3 sobres de cuaxada
  • e para a base: 300g de galleta tipo Digestive e 80gr de manteiga.

Preparación:

Comezámos pola base, entón partimos as galletas en trozos e poñémolas no vaso da batidora. Trituramos, logo engadimos a manteiga derretida previamente (no microondas, por exemplo). Sairanos unha masa moldeable que teremos que estender e aplanar nun molde circular desmontable como este. Reservamos.

Comezamos coa primeira capa de chocolate. 

Nun cazo, derretemos os 200gr de chocolate branco. Unha vez derretido, engadimos 250gr de nata, 250gr de leite enteiro e un sobre de cuaxada. Mezclámos ben durante uns minutos, e a continuación vertemos esta mezcla sobre o molde no que puxemos a base de galletas. Metemos na neveira mentres preparamos a seguinte capa de chocolate.

Só nos queda repetir o mesmo, cos outro dous chocolates, repetindo coas mesmas cantidades. Entre capa e capa, e convinte que o sacar da neveira se ralle a superficie cun tenedor suavemente, antes de incorporar a 2ª capa para asegurarnos de que se unen ben. É dicir, teremos que raiar a 1ª e a 2ª. 

Cando xa esten as 3 capas, metemos na neveira durante un mínimo de 4h. Pasado este tempo, pódese decorar ó gusto, con fideos de cores, pepitas de chocolate, virutas de chocolate ou reladura, etc...

Antes de servir...lembra desmoldar!!! e listo!


Ata lernos!! 


BICOS MIL!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario