E deixando as raias e a cultura do rock e a moda do anterior post (aquí), hoxe ímos cambiar de rexistro.
Fai uns días xa, comecei a restaurar unha silla de pino, desas míticas plegables que aparentemente son feas, pero que cun pouco de traballo quedan totalmente diferentes, e nuns días espero poñer o proceso de restauración completo nun post, con fotos por suposto, e cos materiais que utilicei. Pero hoxe, só vos vou dar algunha idea para aqueles que vos animedes coa restauración e a reciclaxe.
Todos sabemos que os palés abundan por doquier, aínda que, teño entendido (e non sei se é certo) que son moi codiciados.... alguén me pode dicir se iso é certo e porque?? xD, en todo caso, se alguén por ahí ten algún e non o utiliza, saiba que lle pode valer para moitas cousas se o restaura un pouco.
Que vos parece unha cama con aires zen? ou simplemente rústica :)
![]() |
| cabeceiro e base de palés cun toque de luz |
![]() |
| ó máis estilo convencional |
![]() |
| turquesa, e sendo algo máis que base para a cama :) |
Se o da cama non vos convence, igual como mesiña de salón si!!
![]() |
| pintada de branco, con rodiñas e cristal |
![]() |
| palé sobre palé, e temos unha práctica estantería |
![]() |
| aprobeitando tamén a superposición |
![]() |
| con efecto envellecido para os máis retro |
![]() |
| ó máis puro estilo Britpop, e que Deus salve a raíña!! |
![]() |
| de tarima, de base para un sofa/cama e de mesiña!! |
E se aínda non vos convencín, aínda me queda un as na manga...
![]() |
| un funcional recibidor |
Que vos parece? cantas vidas pode ter este obxeto!! alguén se anima?? se o facedes xa me contaredes :) eu de momento vou rematar a silla, que despois teño unha mesiña de noite pendente para unha prima.
Espero que vos gustara e que vos dera algunha idea, que algún carto se pode aforrar agudizando o inxenio.
Ata lernos!!!!
BICOS MIL!!!!











No hay comentarios:
Publicar un comentario