viernes, 21 de diciembre de 2012

Doce Nadal

Bos días!!

Xa estamos case case metidos no Nadal, un dos sinais é o sorteo do gordo deste sábado, que dende aquí espero que máis ou menos todos teñamos algo de sorte.
Para este finde propóñovos nova receita. Un postre, unha merenda, ou porque non...un regalo??
Xa prometera que faría un post algo máis propio destas datas, e este pareceume útil e sinxelo.

Imaxinadesvos un biscoito con mascarpone e chocolate fondant?? Pois deixade de imaxinar e poñédevos a ler!!
aquí comezamos unha viaxe doce!



CAKE POPS
receita



Ingredintes:

  • 300gr de biscoito (caseiro ou mercado)
  • 250gr de queixo mascarpone 
  • 200gr de chocolate fondant
  • fideos de cores
  • lápices pasteleiros
  • palillos de madeira para pinchos morunos



Preparación:

O primeiro, é desmigar os 300gr de biscoito nun bol con bastante capacidade.




Unha vez desmigado por completo, incorporamos os 250gr de mascarpone (unha tarrina enteira), e amasamos a mezcla ata obter unha masa consistente e moldeable.




Unha vez que temos a masa lista ( só vos levará uns minutos obtela como se ve na imaxe de arriba), dividímola en tres porcións, xa que a cada unha delas daremoslle cor con colorante alimentario.




Os tubiños que se ven na imaxe é o colorante alimentario. Como vedes son tres cores primarias, das que sacaremos outras a partires da súa mezcla coas debidas proporcións. 
Eu tinguín de cor verde, vermella e violeta. Para tinguir só é necesario poñer unhas gotas no fondo do bol, e amasar esa porción de masa sobre o colorante, ata conseguir tinguila de forma uniforme, é algo complicado que quede ben tinguida. Outra opción é, tinguir o mascarpone antes de incorporalo á masa, é máis doado.

Unha vez tinguida a masa, comezamos a facer boliñas de uns 3cm de diámetro.




Como se ve na imaxe, introducín todas as boliñas nun taper, para deixalas enfriar 30min no conxelador.

O seguinte paso é derreter os 200gr de chocolate fondant. No micro son aprox. uns 2 min a 700W. Ollo!! non vos pasedes co tempo!! que o chocolate quéimase!!


Añadir leyenda

Unha vez derretido o chocolate, sacamos as boliñas do conxelador, e comezamos a pinchalas cos palillos de madeira. Pinchámolas todas primeiramente.
Logo imos collendo unha a unha e cubríndoas de chocolate, deixando escurrilas, ata que non gotee.



E unha vez escurrido, só nos queda adornalo.

fideos de cores e lápices de pastelería

Eu empreguei os míticos fideos, e máis uns lápices que conteñen unha masa de azúcre con cor.

Repetir o mesmo proceso co resto de cake pops, ata rematar con eles....

e listo!! á lamber!! ou para regalar!!






Espero que vos gustara!

Xa vedes que son sinxelos de facer. Para telos óptimos conservadeos na neveira, e cando vaian a consumirse sacalos un pouco antes para que temperen.

Bo proveito!! 

ata lernos!!

2 comentarios:

  1. moi boa a receita, pensei que sería mais complicado facer os contos estes, pero así é posible que me anime todo.
    Ti cres que usando cobertura de chocolate blanco teñida con eses colorantes alimenticios poderia ter futuro?

    ResponderEliminar
  2. Sii!! niso tamén pensei eu, e tamén hai a posibilidade de empregar fondant ou "pate" dulce, teño que probar desas dúas formas. O colorante está moi ben, ademáis no paquete traeche as cantidades para sacar as cores. :)

    ResponderEliminar