viernes, 7 de diciembre de 2012

Handmade :)

Bos días!!

e por fin é venres!! dirán algúns! os que non puideron desfrutar do festivo seguro que o din. Pois é venres si, e mirando pola ventá, vese que o tempo non acompaña nadiña, aínda que para a finde vai cambiar a cousa.

Hoxe ademáis do post que vos traio, querovos deixar un enlace con actividades que haberá en Lugo nos próximos días, por se vos interesa. Son do departamento de cultura da USC. Podedes ver a listaxe aquí.

Sen máis dilacións, ímos ao que toca!!





Hai que dicir, antes de nada, que non son moi mañosa, pero cando me apetece facer algo de verda, póñolle todas as ganas e a imaxinación, e ás veces gústame o resultado e quedo contenta co que fago. Outras veces...pois non é así! jaja
Como a chegada do Nadal é inminente, hoxe quíxenvos ensinar algunhas ideas para regalar. Esto que vos vou ensinar agora son cousas feitas por min, pero que vos poden dar ideas para agasallar e para facer vós, porque sempre é máis gratificante un regalo orixinal e feito con cariño!!

Por iso que antes de mercar, pregúntate se o podes facer ti! ademáis que aforrarás, dende logo!

Pulseiras cola de ratón 

pulseiras strass + cola ratón + lazo

Marco de madeira e fieltro con contas de cores (size photo: 10x15)

Broches fieltro + pailletes 

Broches fieltro e contas de cores 

Chaveiros fieltro 

Champiñón Super Mario Bros 

Broches fieltro + goma eva 

Mr. Frosty, broche de fieltro 


E isto deu todo de sí por hoxe!
Vedes que son materiais moi fáciles de conseguir e fáciles de traballar con eles.
Espero que vos gustara!

E se queredes algunha das cousas, está á venda todo!

Boa finde!!!

ata lernos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario