que tal as festas?? para min están sendo normaliñas, pero ben.
Hoxe, despois de varios días, traiovos un tutorial de maquillaxe. A idea ocorreuselle a miña irmá, Juncal, e vin que podía ser útil para as mulleres neste caso! jajaja. De que se trata? pois de maquillaxe de ollos axeitado para o Nadal, imaxinarédevos que é con moito brillo... non sei quen foi o que dixo unha vez, que en Nadal valía de todo ou case todo á hora de maquillarse, a verdade e que ás veces dubidoo. Este post vai adicado para a noite de Fin de Ano, asi que aínda podedes sacar algunha idea de cara mañá.
A maquillaxe foi feita por Juncal e a idea tamén foi dela.
Desta vez non puiden sacar as fotos ca reflex, polo que a calidade ao mellor é peor... sintoo!!
Pois ímos alá!! espero que vos guste!
Como se ve arriba, empregamos:
- sombra smoky eyes de YSL
- sombra líquida ouro de H&M
- perfilador de ollos negro
- corrector
- máscara de pestañas negra (non sae na imaxe)
- eyeliner líquido negro(non sae na imaxe)
Comezamos aplicando o corrector no contorno do ollo, para cubrir imperfeccións e darlle luminosidade a pel.
Na imaxe non se ve moi ben o corrector, sintoo.
A continuación delineámos con pincel e sombra negra, por onde ímos a enmarcar o ollo para logo seguir coas sombras.
Logo se queredes, con axuda do lápiz de ollos podedes repasar por erriba da liña feita con sombra, quedaría así...
A min persoalmente, prefiroo sen marcalo co lápiz, pero é unha opción.
Logo comezamo a aplicar a sombra negra con axuda do pincel esponxa, cubrindo toda a superficie da pel que quedou enmarcada coma un triángulo, así...
Hai que aplicar un pouco máis de sombra cara o interior do ollo, máis do que se ve na imaxe.
Logo continuamos aplicando a sombra dourada, todo ata o lagrimal e dentro da liña que marcamos ao principio.
Unha vez que rematemos coa dourada collemos o lápiz de ollos e delineamos pola parte superior das pestanas, como se ve na imaxe de arriba, e despois delineamos pola parte das pestanas de abaixo pero coa sombra negra, e logo empregamos o lápiz para delinear dentro do ollo.
E finalmenteeee..... poñemos a máscara de pestanas e... así queda o resultado!
Espero que vos gustara, e que vos sexa útil!!
un bico e feliz ano 2013!!!
ata lernos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario