lunes, 26 de noviembre de 2012

Arrecendo á albahaca

Ola de novo!!
Despois de varios días sen actulizar por uns motivos e por outros, hoxe tócalle!
Como xa prometín no anterior post, un día ía tocar receita que non fose doce, e como este sábado tiven un pouco de tempo para cociñar, decidín que hoxe era o día para compartila.

Listos para disfrutar dunha auténtica pizza caseira?? Pois imos alá!!




Comezamos polos ingredintes:


  • masa fresca feita na casa (senón podedes facela, podedela atopar en refrixerados no super)
  • salsa de tomate frito
  • mozzarella (en fío ou en rodaxas), tamén podedes empregar queixo de castela raiado ou en taquiños
  • un ovo cocido
  • un tarriño de anchoas (este será o ingredinte máis caro)
  • tomates cherry
  • unhas follas de albahaca fresca




Preparación:

O primeiro é poñer a quentar o forno a uns 170ºC e poñer a cocer o ovo (durante 10 min dende que comece a ferver). Logo, na bandexa do forno, colocamos un papel vexetal cubrindo toda a superficie. Este papel xa é feito para o forno, podedelo mercar en calquera super, e ven disposto nun rollo, coma o papel de prata. Estendemos a masa fresca encima deste papel e comezamos a preparala.


Como vedes, a min non me saiu cunha forma circular perfecta, pero tampouco é necesario, tamén é sinal de artesanía! jejeje. Se contades coa masa fresca mercada isto xa non será un problema.
De seguido, e coa axuda dunha culler, estendemos a salsa de tomate frito por toda a superficie da masa.


Unha vez que estea estendida, collemos a mozzarella e esparcímola por toda a superficie.


Na imaxe vedes que non a cubrín enteira, xa que nese trozo puxen queixo de castela en taquiños, como vos dixen máis arriba, por aquilo de experimentar jeje.
Agora, e despois de lavalos ben, cortamos os cherry en rodaxas...


e só nos queda colocalas por toda a pizza. O seguinte é "relar" o ovo que cocimos previamente, e esparcilo por toda a pizza.




Agora é o momento de colocar as anchoas. Como son moi salgadas, podedes colocar as que queirades segundo o voso gusto.



De seguido, metemos a pizza no forno a 170ºC ou 180ºC, eu recomendo esta temperatura para que a masa se faga ben, e non se queime a parte superior. O calor hai que poñelo por arriba e por abaixo (como o indique o voso forno) e máis ou menos ao final (10 min, cando vexades que xa colle color) poñemos só a calor por debaixo.

Mentres deixamos facer a pizza sen apuro, pasamos a lavar e picar as follas de albahaca.



Como vedes, hai que cortala coas mans, xa que se o facemos co coitelo alteramos o sabor da albahaca co metal do coitelo. Asi que pouco a pouco, e con paciencia amiguiños!! jaja
Ao rematar quedaravos así....


Logo pasado o tempo de cocción da pizza retiramola do forno, e só nos queda repartir de forma homoxénea a albahaca picada.... ET VOILÀ!!!




Espero que vos gustara o post de hoxe, e que provedes este sabor tan toscano!! Asegúrovos que a albahaca fresca é perfecta para pizzas, e tamén para pratos de pasta como spaguetti, macarróns, ravioli, etc.



Pizza estilo 100% italiana, masa fina e fresca e ingredintes frescos!
Bon appetit!!!


Aburiño!! e ata lernos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario