Olaaa!!
Hoxe traiovos un post diferente. Xa hai tempo que me chamou a atención este estampado, e quixen recopilar varias fotos para ver como a xente da rúa o utiliza. A verdade que non é doado de levar...xa que discreto non é, pero ás veces diso se trata non? Este estampado non son exactamente as míticas raias, a novidade deste é, que as raias van en vertical, polo que se ven moi diferentes ás que van en horizontal. Fíxome lembrar un pouco a varias cousas... ao circo, á aqueles pantalóns que usaban os zancudos, á algunha época do rock dos 80, aquel
glam rock que compartían grupos como
Motley Crüe,
Poison,
Bon Jovi,
Twisted Sister,
Cinderella...etc, época dourada do
hard rock,
glam rock. Curioso, como o pasado volve, en diferentes formas, pero volve.